Programa de sensibilización

A prevención do racismo e a xenofobia fai precisa unha actuación activa cara a fomentar entre a poboación española a comprensión e a tolerancia cara ós inmigrantes e as súas culturas. O programa pretende contribuír a estas finalidades mediante o traballo concienciador desenvolvido fundamentalmente a través dos centros escolares e as asociacións da zona metropolitana da Coruña.

 

Obxectivos:

  1. Facilitar a comprensión das migracións como un elemento positivo de solidariedade e interrelación cultural.

  2. Fomentar a tolerancia entre as diferentes culturas, tentando erradicar estereotipos xenófobos e/ou racistas.

  3. Fomentar o intercambio entre persoas de diferentes culturas coa poboación española, a través de actividades de esparcemento (música, deportes, etc.).

  4. Formación dun equipo de persoas inmigrantes de diferentes procedencias que será ofrecido ás entidades educativas e sociais da zona (centros escolares, asociacións de veciños, etc.).

  5. Elaboración dunha guía e material didáctico para facilitar ás mesmas entidades que o demanden.

  6. Poñer en marcha actividades de intercambio cultural: clases de uolof, de percusión africana e diversos equipos deportivos multiétnicos.

  7. Organizar actividades (charlas, proxeccións, audicións, etc.) dirixidas tanto á poboación española como inmigrante.

 

La prevención del racismo y la xenofobia hace necesaria una actuación activa hacia fomentar entre la población española la comprensión y la tolerancia hacia los inmigrantes y sus culturas. El programa pretende contribuir a estas finalidades mediante el trabajo concienciador desenvuelto fundamentalmente a través de los centros escolares y las asociaciones de la zona metropolitana de A Coruña.

 

Objectivos:

  1. Facilitar la comprensión de las migraciones como un elemento positivo de solidaridad e interrelación cultural.

  2. Fomentar la tolerancia entre las diferentes culturas, intentando erradicar estereotipos xenófobos y/o racistas.

  3. Fomentar el intercambio entre personas de diferentes culturas con población española, a través de actividades de esparcemiento (música, deportes, etc.).

  4. Formación de un equipo de personas inmigrantes de diferentes procedencias que será ofrecido a las entidades educativas y sociales de la zona (centros escolares, asociaciones de vecinos, etc.).

  5. Elaboración de una guía y material didáctico para facilitar a las mismas entidades que lo demanden.

  6. Poner en marcha actividades de intercambio cultural: clases de wolof, de percusión africana y diversos equipos deportivos multiétnicos.

  7. Organizar actividades (charlas, proyecciones, audiciones, etc.) dirigidas tanto a la población española como inmigrante.