Senegaleses polo mundo / por el mundo

Youssou N'Dour

Nome: Youssou N'Dour

Nacemento: 01/10/1959 en Dacar (Senegal)

Probablemente, o senegalés máis famoso do mundo. Youssou N'Dour é un dos cantantes africanos de máis éxito e un dos percusores do mbalax, a música popular do Senegal. Sempre comprometido con África, en 1985 organizou un concerto pola liberación de Nelson Mandela. A canción 7 Seconds con Neneh Cherry é o seu traballo máis sobranceiro. Foi premiado cun Grammy.

 

 

Nombre: Youssou N'Dour

Nacimiento: 01/10/1959 en Dakar (Senegal)

Probablemente, el senegalés más famoso del mundo. Youssou N'Dour es uno de los cantantes africanos de más éxito y uno de los percusores del mbalax, la música popular de Senegal. Siempre comprometido con África, en 1985 organizó un concierto por la liberación de Nelson Madela. La canción 7 Seconds con Neneh Cherry es su trabajo más destacado. Fue premiado con un Grammy.

Léopold Senghor

Nome: Léopold Sédar Senghor

Nacemento: 06/09/1960 en Joal (Senegal)

Poeta e político senegalés, foi o primeiro presidente do "Pays de la Teranga". Foi tamén o primeiro profesor negro que deu clases de francés en Francia. Conseguiu a independencia do Sudán francés, país que presidiu (chamado Confederación de Malí). Coa excisión do Senengal en 1960, accedeu á presidencia. Formou parte da Academia da Lingua Francesa. Finou en Verson, Normandía (Francia), localidade na que vivía coa súa dona.

 

 

Nombre: Léopold Sédar Senghor

Nacimiento: 06/09/1960 en Joal (Senegal)

Poeta y político senegalés, fue el primer presidente del "Pays de la Teranga". Fue también el primer profesor negro que dio clases de francés en Francia. Consiguió la independencia del Sudán francés, país que presidió (llamado Confederación de Malí). Con la excisión de Senegal en 1960, accedió a la presidencia. Formó parte de la Academia de la Lengua Francesa. Murió en Verson, Normandía (Francia), localidad en la que vivía con su esposa.

Estelle

Nome: Fanta Estelle Swaray

Nacemento: 18/01/1980 en Londres (Reino Unido)

Esta cantante británica de rythm and blues é filla dunha senegalesa e dun granadense. Grazas á súa colaboración con artistas norteamericanos da sona de John Legend ou Kanye West, Estelle púxose nos primeiros postos das listas de vendas en todo o mundo co seu tema American Boy. A súa próxima xira faraa acompañada do haitiano Wyclef Jean. Actuou na exhibición do partido das estrelas da liga de béisbol estadounidense que tivo lugar o 24 de xullo do 2008 en Toronto.

 

Nombre: Fanta Estelle Swaray

Nacimiento: 18/01/1980 en Londres (Reino Unido)

Esta cantante británica de rythm and blues es hija de una senegalesa y de un granadense. Gracias a su colaboración con artistas norteamericanos de renombre como John Legend o Kanye West, Estelle se puso en los primeros puestos de las listas de ventas de todo el mundo con su tema American Boy. Su próxima gira la hará acompañada del haitiano Wyclef Jean. Actuó en la exhibición del partido de las estrellas de la liga de béisbol estadounidense que tuvo lugar el 24 de julio de 2008 en Toronto.

Rama Yade

Nome: Ramatoulaye Yade-Zimet

Nacemento: 13/12/1976 en Dacar (Senegal)

É a secretaria de Estado de Asuntos Exteriores de Francia. Naceu no seo dunha familia acomodada de Senegal (o seu pai era o home de confianza do presidente senegalés Léopold Sédar Senghor). Emigrou coa súa familia a Francia en 1984. É musulmana, educouse en colexios católicos e o seu marido é xudeu (Joseph Zimet, voceiro do secretario de Estado francés e fillo do cantante Ben Zimet).

 

 

 

Nombre: Ramatoulaye Yade-Zimet

Nacimiento: 13/12/1976 en Dakar (Senegal)

Es la secretaria de Estado de Asuntos Exteriores de Francia. Nació en el seno de una familia acomodada de Senegal (su padre era el hombre de confianza del presidente senegalés Léopold Sédar Senghor). Emigró con su familia a Francia en 1984. Es musulmana, se educó en colegios católicos y su marido es judío (Joseph Zimet, portavoz del secretario de Estado francés e hijo del cantante Ben Zimet).

Tété

Nome: Tété

Nacemento: 25/07/1975 en Dacar (Senegal)

De pai senegalés e nai antillana, Tété creceu en Francia onda a súa nai logo do divorcio dos seus proxenitores cando el só tiña dous anos. O seu alcume, "tété", significa "o guía" en uolof. Este cantante comezou o seu idilio coa música ós quince anos e o seu estilo vai do pop ó rock ou ó rap. Agora presenta un programa de televisión na France 5 onde percorre os Estados Unidos para amosa-la orixe da música negra norteamericana.

 

 

Nombre: Tété

Nacimiento: 25/07/1975 en Dakar (Senegal)

De padre senegalés y madre antillana, Tété creció en Francia junto a su madre después del divorcio de sus progenitores cuando él sólo tenía dos años. Su mote, "tété", significa "el guía" en wolof. Este cantante comenzó su idilio con la música a los quince años y su estilo va del pop al rock o al rap. Ahora presenta un programa de televisión en France 5 donde recorre los Estados Unidos para mostrar el origen de la música negra norteamericana.

Bacary Sagna

Nome: Bacary Sagna

Nacemento: 14/02/1983 en Sens (Francia)

Outro internacional francés de pais senegaleses. Formouse nas categorías inferiores do Auxerre, clube no debutou na primeira división francesa. De tódolos xeitos, deuse a coñecer ó gran público no Arsenal, equipo polo que fichou en 2007. Habitualmente desempeña o rol de lateral dereito (foi elixido o mellor da Premier no seu posto na tempada 2007/08).

 

 

 

Nombre: Bacary Sagna

Nacimiento: 14/02/1983 en Sens (Francia)

Otro internacional francés de padres senegaleses. Se formó en las categorías inferiores del Auxerre, club en el que debutó en la primera división francesa. De todos los modos, se dio a conocer al gran público en el Arsenal, equipo por el que fichó en 2007. Habitualmente desempeña el rol de lateral derecho (fue elegido el mejor de la Premier en su puesto en la temporada 2007/2008).

Iba N'Diaye

Nome: Iba N'Diaye

Nacemento: 1928 en San Luís (Senegal)

Pintor senegalés que tamén posúe a nacionalidade francesa. Comezou pintando carteis para os cinemas e os negocios da súa cidade natal. Estudou arquitectura en Senegal e emigrou a Francia con vinte anos. Alí converteuse nun pintor de prestixio, tanto que coa independencia de Senegal en 1959, o presidente Léopold Senghor pediulle a súa volta, algo que aceptou. Representante da "Africanité", é un pintor comprometido con África.

 

Nombre: Iba N'Diaye

Nacimiento: 1928 en Saint Louis(Senegal)

Pintor senegalés que también posee la nacionalidad francesa. Comenzó pintando carteles para los cines y los negocios de su ciudad natal. Estudió arquitectura en Senegal y emigró a Francia con veinte años. Allí se convirtió en un pintor de prestigio, tanto que con la independencia de Senegal en 1959, el presidente Léopold Senghor le pidió su regreso, algo que aceptó. Representante de la "Africanité", es un pintor comprometido con África. 

Alain Moizan

Nome: Alain Moizan

Nacemento: 18/11/1953 en San Luís (Senegal)

Centrocampista senegalés que xogou na selección francesa a finais dos anos 70. Militou no Angoulême, Mónaco, Olympique Lyonnais, Saint-Étienne, Bastia e Cannes. Co Mónaco acadou o campionato nacional de liga francés e a Copa de Francia. Logo de se retirar como xogador, adestrou o Bastia e as seleccións de Malí e Mauritania (da que é o actual seleccionador).

 

Nombre: Alain Moizan

Nacimiento: 18/11/1953 en Saint Louis (Senegal)

Centrocampista senegalés que jugó en la selección francesa a finales de los años 70. Militó en el Angoulême, Mónaco, Olympique Lyonnais, Saint-Étienne, Bastia y Cannes. Con el Mónaco consiguió el campeonato nacional de liga francés y la Copa de Francia. Luego de retirarse como jugador, entrenó al Bastia y a las selecciones de Malí y Mauritania (de la que es el actual seleccionador).

Jean-Baptiste Mendy

Nome: Jean-Baptiste Mendy

Nacemento: 16/03/1963 en Dacar (Senegal)

Boxeador senegalés dos pesos lixeiros que foi campión de Francia, de Europa e do mundo pola WBC e a WBA (este último en 1998, logo de vencer a Orzubek Nazarov, de Quirguistán). Retirouse no ano 2000 coa seguinte tarxeta: 67 combates, 55 victorias (32 por K.O.), 3 nulos, 8 derrotas e un combate que non se realizou.

Bernard Mendy

Nome: Bernard Mendy

Nacemento: 20/08/1981 en Évreux (Francia)

Lateral esquerdo do Hull City, recentemente ascendido á Premier. De pais senegaleses, Mendy é internacional polo seu país natal, Francia. Dende pequeno foi un siareiro incondicional do Paris Saint-Germain, equipo onde tería os seus maiores éxitos ata o momento. Xogou tamén no Caen e no Bolton Wanderers. Foi campión de Europa sub 19.

Bafétimbi Gomis

Nome: Bafétimbi Gomis

Nacemento: 06/08/1985 en La Seyne-sur-Mer (Francia)

Este dianteiro do Saint-Étienne é fillo de senegaleses. Chegado o momento, decidiuse pola selección gala e non pola da terra da súa familia. Apodado La Panthère, Gomis tamén xogou no Troyes (cedido). Formou parte da selección dos Bleus que levou Raymond Domenech á Eurocopa 2008 de Austria e Suíza.

Ladji Doucouré

Nome: Ladji Doucouré

Nacemento: 28/03/1983 en Juvisy-sur-Orge (Francia)

De pai maliense e nai senegalesa, Ladji Doucouré compite como membro da selección francesa de atletismo nos 110 m con valado e no relevo de 4x100 m. Apaixoado do fútbol (en particular do Paris Saint-Germain), deixou este deporte polo atletismo logo de racha-la tibia. Foi campión do mundo nas súas dúas disciplinas en Helsinki no 2005.

 

Dji Dieng

Nome: Dji Dieng

Nacemento: 13/07/1982 en Thiès (Senegal)

Descuberta por un axente de moda en París, Dji Dieng é coñecida como "A modelo coas pernas máis longas" (seica lle miden 125 cm). De París foi a vivir a Milán e logo a Nova Iorque (fala italiano e inglés perfectamente). É unha activista a prol da información e coidados sobre o VIH e o cancro de mama. É a imaxe do marca de maquillaxe M.A.C.

Raoul Diagne

Nome: Raoul Diagne

Nacemento: 10/11/1910 en Saint Laurent du Maroni (Guaiana Francesa)

Fillo do político senegalés Blaise Diagne (primeiro negro elixido para a Asemblea Nacional Francesa e alcalde de Dacar). Raoul Diagne foi tamén pioneiro coma seu pai, xa que foi o primeiro negro que xogou coa selección francesa de fútbol. Nas filas do Racing de París gañou o campionato francés. Logo da súa retirada como xogador, converteuse no primeiro adestrador da selección senegalesa de fútbol.

Akon

Nome: Alioune Badara Thiam

Nacemento: 30/04/1973 en San Luís (Senegal)

Rapeiro senegalés que emigrou coa súa familia cando tiña sete anos ós Estados Unidos. Fala inglés, uolof e un pouco de francés. Seu pai é o famoso músico de jazz Mor Thiam. Akon triunfou coa canción Smack That e é un dos referentes do hip hop actual. Durante a súa estancia no cárcere adeprendeu as súas habilidades artísticas. Posúe cinco premios Grammy.

Bouba

Nome: Elie Yaffa "Bouba"

Nacemento: 09/12/1976 en Boulogne-Billancourt (Francia)

Criado nos suburbios de París, Bouba é un rapeiro fillo de emigrante senegalés e de francesa. O seu estilo musical é o gangsta rap e é un dos pioneiros do hip hop galo. Comezou co seu compañeiro Ali co grupo Lunatic nos 80. O grupo desfíxose no 2002, aínda que Bouba é un dos músicos que máis vende en Francia. Colaborou con Akon e vaino facer no próximo álbum de 50 Cent.

Jean-Pierre Adams

Nome: Jean-Pierre Adams

Nacemento: 10/03/1948 en Dacar (Senegal)

Un dos membros da chamada "garde noire" da defensa da selección francesa de fútbol nos anos 70. O campo de fútbol do Chalon, último equipo no que xogou, leva o seu nome como homenaxe a este senegalés. Debutou no Racing de Fontainebleau e logo pasou polo Nimes Olympique, o Niza, o Paris Saint-Germain, o Mulhouse e, claro, o Chalon. Dende o 1982 permanece en coma logo dunha operación quirúrxica.

Amara Simba

Nome: Amara Simba

Nacemento: 23/11/1961 en Dacar (Senegal)

Comezou a súa carreira no Versalles e xogou no Paris Saint-Germain (equipo onde se fixo famoso), Cannes, Mónaco, Lille, León (de México) e Leyton Orient entre outros. Retirouse con 39 anos tras finaliza-lo seu contrato co Billericay inglés. Foi internacional por Francia, aínda que non chegou a desputar a Eurocopa de 1992 por unha lesión.

 

Ibrahim Ba

Nome: Ibrahim Ba

Nacemento: 12/011/1973 en Dacar (Senegal)

Volante dereito campión do mundo coa selección francesa en 1998. A súa familia emigrou a Francia cando el era un cativo. O seu pai, Ibrahim Ngom Ba, foi internacional por Senegal e xogou no Le Havre, equipo no que comezou a súa carreira "Ibou". Do Le Havre, Ibrahim Ba pasou ó Girondins de Bordeos, onde se deu a coñecer, e depois militou no Milan, Perugia, Olympique de Marsella, Bolton Wanderers, Çaikur Rizespor, Djurgardens e de novo voltou ó Milan.

Patrice Evra

Nome: Patrice Latyr Evra

Nacemento: 15/05/1981 en Dacar (Senegal)

Futbolista internacional francés. Actual campión de Europa e da Premier League co Manchester United. Comezou a súa carreira na canteira do Paris Saint-Germain, do que pasou ó Marsala italiano. Despois, deuse a coñecer no Monza, no Niza e no Mónaco. Foi subcampión de Europa co equipo monegasco. Fillo de diplomáticos senegaleses, viaxou de bebé a Bruxelas e no 1984 a súa familia mudouse a París.

Patrick Vieira

Nome: Patrick Donalé Vieira

Nacemento: 23/06/1976 en Dacar (Senegal)

Internacional por Francia, militou no Cannes, Milan, Arsenal, Juventus e agora xoga no Internazionale de Milán. Nos Bleus, xogou máis de cen partidos. A súa familia é de orixe caboverdiano. Foi campeón do mundo en 1998 e de Europa no 2000. Os seus anos máis exitosos pasounos no Arsenal de Londres, onde destacou polo seu traballo como medio centro destructor de xogo.

Boris Diaw

Nome: Boris Babacar Diaw-Riffiod

Nacemento: 16/04/1982 Cormeilles (Francia)

Fillo de pai senegalés, o campión de salto de altura Issa Diaw, e de nai francesa, a baloncestista Élisabeth Riffiod. Xogador dos Phoenix Suns da NBA. No ano 2006 recibiu o premio o xogador con maior progresión da liga. Internacional pola selección francesa. Xogou a final da NBA cando militaba nos Dallas Mavericks.