Formación

Impartimos clases en materias básicas como as linguas castelá e galega e a cultura do país de acollida mediante unha metodoloxía concienciadora. As clases van dende a alfabetización ata o diminio avanzado o idioma. Simultaneamente, ensínanse outros aspectos de lexislación, xeografía e sociedade de Galicia e de España. Esta formación divídese en catro niveis sucesivos, en cada un dos cales o inmigrante recibe un diploma que acredita a súa superación.

 

ASESER Teranga ofrece tamén formación elemental en informática grazas á colaboración de Ciberalia, aula de formación de Caixa Galicia.

 

Proximamente, incorporaremos formación teórica para obte-lo carné de conducir a aquelas persoas que superaran os catro niveis de formación en lingua castelá.

 

Impartimos clases en materias básicas como las lenguas castellana y gallega y la cultura del país de acogida mediante una metodología concienciadora. Las clases van desde la alfabetización hasta el dominio avanzado del idioma. Simultáneamente, se enseñan otros aspectos de legislación, geografía y sociedad de Galicia y de España. Esta formación se divide en cuatro niveles sucesivos, en cada uno de los cuáles el inmigrante recibe un diploma que acredita su superación.


ASESER Teranga ofrece también formación elemental en informática gracias a la colaboración de Ciberalia, aula de formación de Caixa Galicia.

 

 

Próximamente, incorporaremos formación teórica para obtener el carné de conducir a aquellas personas que hayan superado los cuatro niveles de formación en lengua castellana.

 

 

Un grupo de alumnos voluntarios da Coruña imparte clases a inmigrantes

Alumnas e alumnos de 3º e 4º curso da ESO do IES de Monelos (A Coruña participan como voluntarios nun programa de alfabetización e aprendizaxe de español e galego para inmigrantes que desenvolve a Asociacíón ASESER-TERANGA da Coruña.

Dende hai varios meses, a raíz dunha actividade de sensibilización desenvolvida no seu centro escolar, un grupo de alumnos e alumnas de 3º e 4º cursos da ESO do Instituto de Monelos, na Coruña, amosou a súa disposición a colaborar na integración social dos inmigrantes africáns residentes na cidade, a través da ONG Aseser-Teranga.

O labor consiste, fundamentalmente, en impartir clases de linguas española e galega, así como de iniciación á informática.Malia que a propia ONG preparou un método de aprendizaxe baseado en fichas e dividido en catro niveis sucesivos, que permiten aos participantes obter outros tantos diplomas de aproveitamento unha vez superados, o interés deste grupo de escolares supera con moito a metodoloxía establecida e ofrecen unha grande creatividade e espíritu de iniciativa para facer progresar aos seus alumnos.

Programa de integración social: demanda de voluntarios

Precísanse voluntarios para clases de alfabetización e de lingua española e galega a persoas inmigrantes.

 

Só é preciso ter coñecementos básicos, a nivel mínimo de 3º curso da ESO ou similar.